HomeCultura'O médico dos pobres' proxectarase en Quiroga este venres

‘O médico dos pobres’ proxectarase en Quiroga este venres

O documental no que se conta a vida de Manuel Díaz "o pequeniño", médico rural, deputado provincial e alcalde do Incio asasinado por motivos políticos en 1936, poderase ver na Casa da Cultura de Quiroga o día 24 ás 19:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O título do filme corresponde a un dos sobrenomes polos que era coñecido Manuel Díaz González, quen atendía gratuitamente ás persoas de poucos recursos económicos. Tamén foi coñecido como “o pequeniño do Incio” pola súa curta estatura, que se debía a un problema de crecemento causado por unha meninxite que padeceu na infancia.

O fío condutor deste documental parte do libro “Siembra y memoria. Muerte y evocación de un médico republicano”, escrito por José Luis Díaz, sobriño do protagonista. José Luis iniciou a investigación da vida do seu tío a raíz dunha nota manuscrita a lápis que de forma casual atopou entre documentos da familia polo ano 1978.

Dirixido polo realizador Federico Rioboo, foi producido por iniciativa da asociación A Memoria é Náufraga, que creou recentemente en Bóveda o centro cultural A Casa da Memoria. No edificio onde se encontra, na aldea de Xullán, na parroquia de Toimil, Manuel Díaz permaneceu agochado durante días ata que foi apresado e fusilado. As mulleres que o axudaron foron compasivas, lúcidas e sobre todo moi valentes, e isto reflíctse no documental que destaca anonimamente as verdadeiras heroínas duns tempos de guerra e medo a través de testemuñas rescatadas da tradición oral e nos propios lugares onde sucederon.

No filme participan familiares de Manuel Díaz e diversos expertos, como os historiadores Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho, e o arqueólogo Xurxo Ayán. No documental foi recollido tamén o testemuño dun veciño de Laiosa –de máis de 90 anos– que viu ao médico cando era conducido por unha cuadrilla de falanxistas ata o lugar onde o mataron.

Segundo os responsables da asociación A Memoria é Náufraga, o proxecto conta co apoio económico das deputacións de Lugo e A Coruña, pero tamén duns sesenta doantes que participaron nunha campaña de micromecenado organizada para axudar a financiar o documental.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...