HomeTerra de LemossanidadeCSIF denuncia a sobrecarga de traballo do persoal de admisión do distrito...

CSIF denuncia a sobrecarga de traballo do persoal de admisión do distrito sanitario e esixe solucións

CSIF remite un escrito á Dirección de Recursos Humanos alertando da tensión que se está producindo entre pacientes e traballadores pola continua reprogramación de citas nos centros do distrito sanitario de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CSIF Monforte insta á Dirección de Recursos Humanos da área Sanitaria de Lugo a adoptar de forma urxente medidas que palíen a sobrecarga de traballo e a situación de desborde que sofre o persoal de admisión de atención primaria (PSX) nesta zona.

CSIF denuncia nun escrito “a preocupante realidade que viven diariamente estes traballadores/as debido á falta de previsión por parte do SERGAS, que os obriga a enfrontarse a un volume de traballo inasumible, con continuos cambios nas axendas e falta de coordinación nas mesmas.”

A Central Sindical asegura que “cando o número de facultativos presentes diminúe a 4, os PSX vense obrigados a pechar axendas a partir das 12.00 H e reprogramar máis de 500 citas, e cando diminúe a 3, só se atenden emerxencias”.

Advirten desde o sindicato que estas situacións están a provocar unha tensión adicional entre persoal e pacientes, que ven minguadas a súa asistencia sanitaria con demoras e cambios de citas, “os pacientes derivan a súa decepción cara a este persoal tanto telefónica como presencialmente, pois estes traballadores son o primeiro punto de contacto dos pacientes co servizo”.

Nesta situación CSIF reclama:

  • Mellorar a coordinación entre a Dirección Provincial e os Centros para que o persoal de Admisión teña acceso anticipado ás axendas, permitindo unha planificación adecuada.
  • Garantir a dotación suficiente de facultativos desde a Dirección Provincial para cubrir baixas e permisos, informando con anticipación ao persoal de Admisión para coordinar o servizo e reorganizar as axendas, evitando as tensións mencionadas.

Conclúen dede CSIF que “salvagardar a saúde laboral dos profesionais é fundamental para manter a calidade na atención aos pacientes.”

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...