Homesociedade"Chantada contra o cancro" informa sobre como escoller os mellores alimentos mediante...

“Chantada contra o cancro” informa sobre como escoller os mellores alimentos mediante a lectura das etiquetas

Este venres, 24 de novembro, a partir das 20:00 h. no Auditorio Municipal de Chantada, Olga Vecín de la Fuente, Dietista-Nutricionista na Atención Primaria do Centro de Saúde de Chantada ofrecerá a conferencia, "A etiquetaxe dos alimentos e consellos sobre alimentación saudable". Organiza a actividade, a asociación Chantada Contra o Cancro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a asociación “Chantada Contra o Cancro” organizan este tipo de encontros contando con profesionais sanitarios vinculados a diferentes aspectos que poden influír nas persoas que padezan cancro e nas persoas coas que se relacionan: oncólogos/as, psicólogos/as, enfermeiras, traballadoras sociais, endocrinos/as, logopedas, terapeutas ocupacionais, nutricionistas… “Cremos que abordando o cancro de xeito integral é a mellor maneira para poder axudar máis aos afectados/as”, sinalan desde a asociación.

Na conferencia-coloquio deste venres, 24 de novembro, Olga Vecín de la Fuente falará do consumo de alimentos procesados e ultraprocesados no día a día e a súa repercusión na nosa saúde, ademais da súa relación cos diversos tipos de cancro. E por outra parte, dará uns pequenos consellos sobre como escoller os mellores alimentos mediante a lectura das etiquetas cando estamos facendo a compra. A conferencia está aberta a todas as persoas interesadas.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...