HomesociedadeA Festa da Pisa de Froxán no 'Quen Anda Aí?' da TVG

A Festa da Pisa de Froxán no ‘Quen Anda Aí?’ da TVG

A Asociación Fonte do Milagro está convidada este venres 24 de novembro para presentar a Festa da Pisa da Castaña Seca que se vai celebrar o día 8 de decembro de 2023 na aldea de Froxán no Concello de Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Festa da Pisa 2023 comeza a súa conta atrás. Para promovela e lembrar a súa celebración, este venres 24 de novembro membros da Asociación Fonte do Milagro, organizadora do evento, acudirán ao programa “Quen Anda Aí ?” da TVG.

A edición deste ano terá lugar, como é tradicional, no Campo da Festa da aldea de Froxán e será o venres 8 de decembro.

Ademais da divulgación do proceso de secado, pisado e abandoxado das castañas secas, haberá unha presentación literaria dobre: “Animais fantásticos de aldea” e “Galicia latente. A Galicia do presente”.

O pregón correrá a cargo de Rosa Cedrón ás 13:30 h. e como atractivo engadido a esta exaltación tradicional da ‘Pisa da castaña seca’ haberá unha carpa onde se poderá degustar o ‘Menú do Pisador’ e postos de artesanía e produtos da terra.

Festa da Pisa. Foto: Fonte do Milagro.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...