HomeEconomía"Temos o 0% do chan industrial libre, recibir o proxecto de urbanización...

“Temos o 0% do chan industrial libre, recibir o proxecto de urbanización do Polígono é importantisimo para nós”, María de Pilar López, Alcaldesa de Sarria

A primeira fase do Polígono Industrial do Morelle está en funcionamento desde o ano 2002, ao cabo de 10 anos comezou a facerse necesario executar a segunda fase e no 2013 comezouse a traballar no plan parcial, que levaba parado desde entón. O 2 de novembro deste ano o  Sepes remitía ao concello de Sarria o proxecto definitivo de urbanización da segunda fase. Falamos do tema coa alcaldesa de Sarria, a socialista María de Pilar López.

Publicado o

- Advertisement -

Que o concello recibira o proxecto definitivo de urbanización da segunda fase quere dicir que ao fin as cousas se comezan a mover?

O plan parcial do Polígono leva feito desde o 2013, pero estaba parado. Levo dous anos e pico indo a Madrid cada pouco, para que o Sepes tomara iniciativa neste tema e en setembro dixéronme que levaban meses traballando no proxecto de modificación e que estaba case feito e así era porque o pasado venres chegou ao concello. O proxecto témolo que mandar agora á Consellería de Medio Ambiente para informe de impacto ambiental e á Consellería de Cultura para que Patrimonio faga o informe correspondente. Entre tanto o Sepes en colaboración co concello está comezando a mover o tema da comercialización.

Canto poderían tardar en comezar as obras?

Vai depender sobre todo de que Patrimonio informe pronto. Os terreos non están afectados directamente polo Camiño de Santiago ao seu paso por Sarria, pero si son zona próxima e Patrimonio ten que pronunciarse, entendo que ao non haber afectación polo Camiño, os tempos deberían de reducirse.

A burocracia vai bastante lenta e non se sabe, espero que non tardemos máis de 6 ou 8 meses en ter os informes. O trámite municipal é moito máis sinxelo, simplemente aprobalo en Xunta de Goberno cando estean as autorizacións de Medio Ambiente e Patrimonio.

E unha vez todo esté aprobado cal é o procedemento?

Despois de enviar as autorizacións ao Sepes, este encargarase de licitar a obra que terá un orzamento de máis de 8 millóns de euros e un prazo de execución de 18 meses. Para axilizar os seguintes pasos, a licitación das obras poderiase facer ao tempo que a licitación da venta das parcelas e os propietarios das parcelas xa poderían solicitar as licenzas de obra para as naves. Así poderían acurtarse moito os tempos.

Parece urxente ter o Polígono en marcha canto antes.

Agora mesmo temos o 0% de chan industrial libre, polo que esto é unha nova importantísima para nós, fainos moitísima falta. Por parte do concello imos tentar axilizar o máximo posible e polo que se ve por parte do Ministerio teñen vontade de que esto se faga o máis axiña posible.

María de Pilar López co Ministro de Fomento / Concello de Sarria

Nesta situación haberá unha morea de empresas interesadas?

Si, de feito a anterior Directora do Sepes levárase un listado dunhas quince empresas interesadas en comprar terreo, case 60.000 metros cadrados que xa estaban apalabrados. Empresas de todo tipo, cárnicas, talleres,… Para nós é fundamental que esto avance porque nos últimos anos houbo xente que tivo que saír de Sarria para poder facer as súas naves porque aquí non había solo.

Que características terá esta segunda fase?

Son case 240.000 metros cadrados, deles 110.000 son edificables. Faranse parcelas de 5.000 metros cadrados, 2.000 e de máis de 500 metros cadrados.

Son moitos máis metros que na primeira fase, con parcelas moito máis grandes porque o problema da primeira fase era que as parcelas eran bastante pequenas.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...