HomeTerra de LemosBóvedaInvestigan ó xerente dunha empresa de madeira por furtar 250 toneladas de...

Investigan ó xerente dunha empresa de madeira por furtar 250 toneladas de piñeiro cortadas en Bóveda

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga ao xerente dunha empresa madeireira de Lugo como presunto autor dun delito contra o patrimonio e orde socieconómico tras furtar, supostamente, 250 toneladas de piñeiro. Segundo informou o Instituto Armado, a valoración do bens subtraídos supera os 10.000 euros.

A investigación, que foi realizada polo servizo de protección da natureza e contou coa colaboración da Consellería do Medio Rural, estivo relacionada con dous aproveitamentos madeireiros situados no municipio lucense de Bóveda.

Os axentes tiveron coñecemento de que diversas partidas de madeira extraída podían ser desviadas fóra das condicións legais impostas pola Administración, xa que a xestión e control da venda da mercadoría corresponde á Consellería.

Así, procederon a cotejar a documentación sobre orixe, destino, natureza e peso da mercadoría, datos das persoas relacionadas coa carga, transporte e descarga, e as empresas destinatarias.

Desta forma, determinaron que, do total dos transportes de madeira extraída en camións, 10 deles puideron ser realizados sen declarar. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...