HomesociedadeConvócase o concurso do cartel da XLIV Feira do Viño de Amandi...

Convócase o concurso do cartel da XLIV Feira do Viño de Amandi con 700€ de premio

O Goberno local do Concello de Sober convoca o seu tradicional concurso de deseño gráfico coa fin de elixir o cartel anunciador da XLIV Feira do Viño de Amandi, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de marzo, coincidindo coa fin de semana de Ramos. Nesta ocasión aumenta a contía do premio a 700€.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

Poderá participar calquera persoa interesada con traballos en formato A3 e técnica libre. Presentaranse en soporte ríxido para facilitar a súa exposición. Só se pode presentar un cartel por autor ou autora. Quedan exentas aquelas persoas que teñan recibido o premio cando menos en dúas ocasións para permitir así o acceso a novos creadores.

Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no patrimonio e cultura do municipio. Os traballos presentados quedarán en poder do Concello de Sober. O deseño gañador será empregado como cartel anunciador da XLIV Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man e outro material promocional. Os restantes carteis presentados poderán ser expostos se o Concello así o considera.

O cartel gañador será propiedade do Concello de Sober, quen poderá cedelo a terceiros. O autor ou autora renuncia a todos os dereitos de explotación, só conservarán os dereitos de autor para incluílo no seu currículo.

COmo participar

Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre levará escrito o lema e no seu interior deberá conter os datos do autor, tales como o nome, o enderezo e o teléfono de contacto. O cartel terá que levar de xeito obrigatorio os seguintes datos: XLIV Feira do Viño de Amandi. Festa de Interese Turístico. Sober. A páxina web www.concellodesober.com e a data de celebración, 22, 23 e 24 de marzo de 2024.

A entrega de orixinais farase na Casa do Concello antes do día 20 de xaneiro de 2024. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Concello de Sober.

O xurado emitirá o seu fallo 10 días despois do peche da convocatoria e o cartel darase a coñecer xunto coa programación do Mes do Amandi. O xurado estará formado por persoas cualificadas na materia, reservándose a facultade de declarar deserto o premio no caso de que estimase que ningún dos traballos reúne os méritos suficientes. Establécese un premio ao traballo gañador de 700 euros en metálico e unha peza de Gundivós personalizada. O Concello de Sober aumenta o importe do premio en 100 euros con respecto aos anos anteriores.

No caso de facerse unha entrega pública ao gañador ou gañadora este comprométese a recoller persoalmente o premio ou facerse representar debidamente no acto. O gañador entregará unha copia do cartel en formato dixital que permita o seu proceso informático e inserirá os logotipos das entidades patrocinadoras facilitadas polo Concello de Sober para a súa publicación, así como os logos das redes socias institucionais. O simple feito de presentación ao concurso supón a aceptación plena destas bases.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...