HomesociedadeVolve o ‘NadalPark’ a Monforte da man do Centro Comercial Urbano

Volve o ‘NadalPark’ a Monforte da man do Centro Comercial Urbano

Será os días 22, 23 e 24 de decembro e desenvolverase no pavillón do Colexio Ferroviario. A entrada a unha sesión, de mañá ou de tarde, custará 10 €, pero presentando tickets de compra en establecementos asociados por 9 ou máis € dará dereito a entrar polo simbólico prezo de 1 euro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano de Monforte repite a experiencia do pasado ano organizando o NadalPark no pavillón do Colexio Ferroviario os días previos á primeira data sinalada do Nadal. Ademais, o domingo 24 de decembro estará Papá Noel na Rúa Cardeal para atender a quen queira achegarse a el. En caso de se dean condicións meteorolóxicas adversas, esta visita trasladarase ao pavillón indicado antes.

Entre as actividades que acollerá o recinto escolar habilitado para o goce dos máis pequenos e as súas familias, haberá inchables variados, talleres infantís, un touro mecánico, chocolatada, e “moitas outras sorpresas que só quen asista poderán descubrir”, din dende a xerencia da asociación de dinamización comercial local.

HORARIOS ‘NADALPARK

Venres 22 de decembro. Horario de mañá e de tarde, de 10.30h a 14.00h e de 16.00h a 20.30h. Poderase gozar de varias atraccións diferentes, merenda con ‘perritos’ quentes e obradoiro de elaboración de chapas.

Sábado 23. Horario de mañá e de tarde, de 10.30h a 14.00h e de 16.00h a 20.30h. Poderase gozar de varias atraccións diferentes, dun taller de decoración de Nadal e dunha gran chocolatada con doces.

Domingo 24. Horario só de mañá, de 10.30h a 14.00h. Ademais dalgunha sorpresa, poderase gozar de varias atraccións diferentes.

ENTRADAS

A entrada ao Nadalpark durante unha sesión de mañá ou tarde será de 10 €. Aqueles que presenten tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe de 9 € ou máis, pagarán só 1 euro para acceder ao recinto. Os tickets de compra deben ter data do 1 de decembro de 2023 en diante.

VISITA DE PAPÁ NOEL

Papá Noel estará en Monforte o domingo 24 de decembro en horario de mañá de 11:00 a 14:00 h. Estará na Rúa Cardeal xunto á árbore de Nadal, acompañado da súa casa, un elfo e a súa caixa de correos máxica onde os máis pequenos poderán entregar as súas cartas. En caso de choiva ou ventos fortes, a visita realizarase no pavillón do Colexio Ferroviario.

A actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia e conta co apoio e colaboración do Colexio Ferroviario.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...