HomeDeportesConta atrás para a proba líder do 'trail running galego'

Conta atrás para a proba líder do ‘trail running galego’

O Quiroga Trail Challenge conta xa, a dous meses da súa celebración, con 850 inscritos. Un 20% dos participantes son de fóra de Galicia e un 25% mulleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A décima edición do Quiroga Trail Challenge, unha proba deportiva que non para de medrar, celebrarase os días 24 e 25 de febreiro e contará coa axuda de 150 voluntarias e voluntarios.

Para celebrar os dez anos, a organización sorprende cunha nova distancia de 90 quilómetros. Os participantes que escollan esta distancia poderán gozar das vistas desde dous dos cumes máis emblemáticos do Xeoparque do Courel: o Pía Paxaro e o Montouto.

Outras novidades importantes son a recuperación dos percorridos de edicións anteriores aos incendios dos derradeiros anos e o cambio de sentido nas diferentes modalidades do sábado. Uns cambios que, segundo comentan algúns deportistas que adestran xa pola zona, “transforman as probas en auténticas sorpresas”.

OUTRAS OPCIÓNS

O Quiroga Trail Challenge 2024 ofrece opcións para todos os amantes deste deporte. O sábado no territorio “Castelo” disputaranse as seguintes distancias: a andaina de 17 qm, minitrail de 17, o trail de 29, a maratón de 42, a ultra de 62 e a ultra de 90 quilómetros, respectivamente. O domingo, xa en territorio “doLor”, poderán descubrir os recunchos máis recónditos do Courel no minitrail de 17 ou no trail de 29 quilómetros. Os máis atrevidos tamén teñen a posibilidade de correr en circuíto os dous días.

Saída nunha proba nocturna. Foto: Miguel Rúa.

SUPERANDO EXPECTATIVAS

Desde a organización do evento transmiten xa a súa satisfacción polo éxito acadado a dous meses de celebrarse con 850 corredores e corredoras inscritas/os. Ademais, o director da proba, Blas Rodríguez, comenta “que un 20% dos participantes sexan de fóra de Galicia e que un 25% sexan mulleres son datos, sen dúbida, moi positivos que nos ilusionan e empuxan a continuar traballando con máis ganas aínda; pero, sobre todo, a maior recompensa para nós é o feito de que, ano tras ano, contemos cun elevado número de participantes que xa teñen o QTC como proba fixa nos seus calendarios”.

Dende a organización informan que practicamente todos os percorridos están xa desbrozados e listos para adestrar e agradecen o apoio de voluntarios e patrocinadores. Así mesmo salientan a implicación e colaboración do Concello de Quiroga e da Área de Deportes da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...