HomeEconomíaO 88.979, un dos quintos premios da Lotaría de Nadal, vendeuse en...

O 88.979, un dos quintos premios da Lotaría de Nadal, vendeuse en Chantada

O número dotado con 60.000€ á serie vendeuse de maneira moi repartida por toda España. En Galicia vendeuse en administracións de 20 municipios das catro provincias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O número 88.979 resultou agraciado co terceiro dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie.

O número foi cantado ás 10.09 horas no terceiro arame da terceira táboa. En Galicia vendeuse en administracións de 20 municipios das catro provincias.

En concreto, en Pontevedra vendeuse en Vigo, Tomiño, Salvaterra, Meis, A Illa de Arousa, Nigrán, O Grove, Salceda de Caselas e O Porriño. En Ourense, ademais de na capital, caeu no Barco de Valdeorras, Xinzo e en Cortegada.

Na Coruña, vendeuse en varios establecementos da capital, ademais de en Ferrol, Ponteceso e Miño. Na provincia de Lugo, o 88.979 vendeuse nos municipios de Chantada, Foz e Rábade.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...