HomePolíticaO PP de Monforte esixe transparencia a PSOE e BNG para abordar...

O PP de Monforte esixe transparencia a PSOE e BNG para abordar o tema sanitario

“Gustaríanos que tanto o PSOE como BNG de Monforte fosen valentes e reclamasen ao Goberno central que tome as medidas necesarias para solucionar este déficit de médicos e flexibilizar a normativa para a formación de médicos de familia, pero prefiren politizar este tema tan sensible no canto de levar a cabo iniciativas serias que axuden a resolver o problema”, lamentan os populares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros da Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos esixen tanto a BNG como ao PSOE de Monforte “claridade, rigor e veracidade”, ao coñecer que o BNG leva a pleno unha iniciativa reclamando á Xunta medidas urxentes para a cobertura de vacantes no municipio, tanto no hospital como no centro de saúde, “unha reclamación que compartimos, como toda a sociedade, pero dende PSOE e BNG non din aos veciños que no pleno do 24 de outubro de 2022 do Parlamento galego cotaron en contra da Lei de medidas extraordinarias para postos sanitarios de difícil cobertura”.

Os populares aseguran que segundo esta normativa, o procedemento permite a contratación por concurso de méritos ­– sen oposición – para o persoal médico dos centros de saúde e hospitais comarcais que teñen dificultades para cubrir prazas vacantes pola ausencia ou insuficiencia de aspirantes na listas de contratación.

“Somos conscientes das dificultades de persoal que hai no centro de saúde e no hospital, pero tamén sabemos que dende a Xunta estase a traballar para cubrir o antes posible as baixas, así como as vacantes (son dúas no centro de saúde das que unha xa saíu a concurso e cubrirase en xaneiro e a outra sairá este ano). Ademais, poñer en valor e agradecer o esforzo que está a realizar todo o persoal que está traballando para atender a toda a veciñanza de Monforte que o precisa”, explicou.

Katy Varela recorda tamén que tanto PSOE como BNG no Concello de Monforte votaron en contra, o ano pasado en pleno, dunha iniciativa do PP para reclamar a posta en marcha medidas que axudasen a paliar a falta de persoal sanitario e facilitar a cobertura das prazas vacantes e das baixas.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...