HomesociedadeUn anaco da Banda de Música de Sober en Barcelona

Un anaco da Banda de Música de Sober en Barcelona

Miguel Franqueiro Becerra, é o director da Banda de Música de Sober desde o ano 2005 e este ano debutará como tuba solista da Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña (OBC)

Publicado o

- Advertisement -

O director da Banda de Música de Sober e tubista, Miguel Franqueiro Becerra, será por vez primeira o tuba solista da Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña (OBC) no seu vindeiro programa, os días 16, 17 e 18 de novembro.

O primeiro dos concertos será o venres 16 de novembro ás 20:30 horas en L’Auditori, en Barcelona, baixo a dirección de Sylvain Cambreling. O segundo dos concertos será o sábado 17 de novembro ás 19:00 horas e o terceiro o domingo 18 de novembro ás 11:00 da mañá. Franqueiro Becerra será o encargado de interpretar un papel que entraña unha dificultade notable e no que terá un destacado protagonismo.

Traxectoria

O músico, natural de Boqueixón (A Coruña) é o director da Banda de Música de Sober desde o ano 2005, unha agrupación que en 2019 cumprirá 150 anos.

Nos últimos tempos Miguel ten tocado con orquestras internacionais de primeiro nivel como a West Eastern Diván Orchestra, a Hulencourt Soloists Chamber Orchestra (Bélxica), a Orquesta de RTVE, a Opera Teatro Regio Torino (Italia) e, de xeito asiduo, coa Real Filharmonía de Galicia, entre outras.

Para o ano próximo ten previstas actuacións coa Orquestra Nacional de España e co Teatro alla Scala de Milán, baixo a dirección de Válery Gergiev.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...