HomesociedadeO parque de Bombeiros de Chantada pechado de novo por falta de...

O parque de Bombeiros de Chantada pechado de novo por falta de efectivos ante a folga

Non volverá prestar servizo ata este venres ás 9.00 horas.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou que o parque de Bombeiros de Chantada está pechado, como xa pasou o luns, ata este venres por falta de efectivos previstos nos servizos mínimos. Segundo detallou a Deputación de Lugo nun comunicado, dos tres efectivos que son necesarios para cumprir cos servizos mínimos, este xoves só se presentaron a traballar dous dos profesionais en cada un dos parques de Chantada, Barreriros e Vilalba.

En Sarria, dos catro traballadores que estaban previstos que cubrisen a xornada laboral, un deles secundou a folga. “O Consorcio tentou mobilizar desde outras bases, pero non foi posible porque todas cobren os servizos mínimos”, detallou o goberno provincial. Así, avisados a través de comunicación certificada o retén designados no cuadrante para os diferentes parques, “tampouco se presentaron”.

Ante esta situación o Consorcio decidiu recolocar aos dous efectivos de Chantada uno no parque de Vilalba, onde desprazouse co vehículo de altura, e o outro ao de Barreiros. O parque de Bombeiros de Chantada non prestará servizo ata este venres ás 9.00 horas.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...