HomeOpiniónCrónica da final do primeiro Poetry Slam Galiza, coa participación do gañador...

Crónica da final do primeiro Poetry Slam Galiza, coa participación do gañador do ‘Bóveda Slam Poetry’

Foi o día 28 de decembro no “Lume E Ferro Taberna” de Carral e contou coa organización da Asociación Eco-cultural Lacrar. O evento contou coa participación de Séchu Sende e serviu tamén para organizar un acto en solidariedade co pobo palestino e en contra do xenocidio provocado por Israel.

Publicado o

POR
Xosé Casar (Piteira)
- Advertisement -

Hai xa uns meses, dos compoñentes do Poetry Slam Carral xurdiu a idea de organizar o que se asemellaba a unha final de slam galega, cousa que o colectivo KulturN’aldea (organizador dos encontros de poesía escénica en Bóveda) apoiou dende o principio. Tratábase de montar un encontro cos gañadores das respectivas finais dos tres slams galegos: Poetry Slam Carral, Poetry Slam Compostela e Bóveda Slam Poetry.

SLAM GALIZA E ACTO DE SOLIDARIDADE CO POBO PALESTINO

O 28 de decembro, no “Lume E Ferro Taberna” de Carral, coincidindo de xeito nada casual coa conmemoración dos santos inocentes, a Asociación Eco-cultural Lacrar organizou un acto en solidariedade co pobo palestino e en contra do xenocidio provocado por Israel no que se incluíu o primeiro Poetry Slam Galiza coa participación de tres “eslameiros”, os gañadores dos respectivos slams galegos.

Anxo Mena presentou o evento, no que tamén participaron outros compoñentes da asociación cultural carraleña. A escritora e profesora Inma Otero Varela, que forma parte da organización e o escritor e tamén profesor Xosé Luís González Sende, máis coñecido por Séchu Sende, convidado por AEC Lacrar, léronnos algúns dos seus poemas e algúns temas de autores en lingua árabe traducidos ao galego. Tivemos a sorte de escoitar, ademais, a reprodución das gravacións duns poemas en voces orixinais en árabe.

No primeiro Poetry Slam Galiza participaron: Paula Pier, gañadora da final do Poetry Slam Compostela, Poesía da Casa (Inés Mosquera), gañadora do Poetry Slam Carral e o “eslameiro” Galego de Caracas (Simón Rodríguez), gañador da Gran Final do Bóveda Slam Poetry.

O encontro levouse a cabo con dúas roldas, nas que os poetas recitaron as súas pezas e recibiron a ovación do público, que tivo moito choio para puntuar as respectivas actuacións por mor da gran calidade de todas elas. Paula Pier proclamouse campioa e partillou o seu premio, un bolo de pan de Carral, con Inés e Simón.

Dou os meus parabéns e o meu agradecemento aos tres “eslameiros” polas interpretacións coas que nos agasallaron, e a Paula Pier por ser a primeira gañadora do Poetry Slam Galiza. Grazas a AEC Lacrar e a Lume E Ferro Taberna por acoller estes acontecementos culturais.

COMEZA A NOVA TEMPADA

O primeiro encontro da segunda tempada do Bóveda Slam Poetry celebrarase en Rubián (Bóveda) o domingo, 21 de xaneiro, ás 18:00, no Hotel Restaurante Arume. Coma sempre, a entrada é libre, até completar o aforo.

Agardo que o seguinte Poetry Slam Galiza pódase organizar en Bóveda.

ÚLTIMAS

117.370€ para a montaxe do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que se celebrará do 3 ao 5 de xullo

Este contrato comprende a totalidade dos traballos necesarios para dotar ao certame dunha infraestrutura...

A distribuidora de Naturgy inviste 125.000 euros en Sarria

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, levou a cabo unha actuación de mellora da...

Impulso á mellora da calidade do aceite galego coa identificación e certificación de oliveiras autóctonas

Durante a xornada recolléronse mostras de oliveiras propiedade de Miguel Ángel Rodríguez, de Aceites...

322 piragüistas daranse cita este 30 de maio no encoro de Vilasouto co Campionato Galego de Piragüismo de base

Da presentación da actividade participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, o vicepresidente...