HomePolíticaApróbanse en pleno dúas propostas de Courel Vivo

Apróbanse en pleno dúas propostas de Courel Vivo

No último pleno ordinario do Courel aprobouse por unanimidade a proposta para mellorar a cobertura móbil e acceso a internet de calidade e a da peticion ó goberno central dunha maior oposicion contra a guerra de Gaza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Courel Vivo tiña considerado insuficiente o esforzo para mellorar a cobertura no concello, “vemos como noutros lugares se implanta a tecnoloxía 5G e no noso concello aínda ten aldeas sen poder chamar por teléfono. De 290 actuacións que Antega aprobou nos últimos dous anos, só unha mellora no Courel, mentras que noutros concellos implementan máis de 20 novas instalaccións de mellora”. Queixábanse tamén de quedar fóra do Plan Galicia 5G.

O pleno decidía solicitar a Amtega é a Xunta de Galicia a especial condición do Courel e formar parte na Estratexia Galicia Digital 2030 para erradicar esta falta de cobertura 4g. Incidir en actualizar as que son 3g a 4g e as novas se instalen xa todas nesta ou superior tecnoloxía. Solicitarlle ao Ministerio de transición ecolóxica que subsane os datos sobre a implantación do 4g no territorio e ser incluídos de forma prioritaria nos plans de mellora de cobertura e acceso a internet. Finalmente solicitar que todas as novas antenas que se instalen no Courel veñan dotadas de 4g ou 5g e non gastar diñeiro público en tecnoloxías obsoletas.

Coa outra iniciativa aprobábase solicitarlle ó goberno de España que traballe pola paz e pola xustiza en Palestina, e que esixa e defenda nos organismos onde corresponda as seguintes medidas:

  • Alto o fogo inmediato.
  • Entrada inmediata en Gaza da axuda humanitaria vital (auga, alimentos, medicamentos, combustible).
  • A protección da ONU para os 2,3 millóns de poboación civil gazatii que sofre o asedio.
  • Que se poña fin aos ataques de colonos israelís e o asasinato de palestinos en Cisxordania.
  • A liberación dos reféns israelís retidos por Hamás.
  • Que Israel deixe saír da Franxa de Gaza a decenas de españois, entre os que hai oito galegos.
  • Promover no Tribunal Penal Internacional que se xulgue aos responsables do goberno israelí por crimes de guerra, ao igual que se fixo con Putín na invasión de Ucraína .
  • Adoptar medidas unilaterais como a ruptura de relacións diplomáticas con Israel e a suspensión de compra e venta de arma

ÚLTIMAS

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...