HomesociedadeSober aposta pola dixitalización

Sober aposta pola dixitalización

Grazas a un convenio formalizado polo concello cunha empresa, a veciñanza recibirá formación para familiarizarse co mundo dixital. Os talleres están formulados dende dúas vertentes, unha social e outra empresarial, e desenvolveranse do 19 de febreiro ao 1 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober, na súa aposta por dixitalizar a veciñanza, asinou un convenio cunha empresa para o desenvolvemento do programa ‘Ineco Rural TIC’.

O devandito programa, que se desenvoverá do 19 de febreiro ao 1 de marzo, ten como obxectivo aproveitar o potencial das novas tecnoloxías para contribuír a visibilizar e dinamizar o medio rural. Nese senso, as accións formativas buscan impulsar, por unha banda, a dixitalización social fomentando o uso das novas tecnoloxías na poboación, en especial aquela con máis idade; e por outra banda darlle pulo á dixitalización económica, neste caso asesorando e facilitando recursos dixitais ao tecido empresarial.

ACCIÓNS FORMATIVAS

Para o desenvolvemento do programa, Ineco desprazará profesionais da compañía ao municipio soberino do 19 de febreiro ao 1 de marzo, técnicos que achegarán e compartirán coa veciñanza de Sober o coñecemento que posúen en materia de dixitalización.

Na parte que lle toca, o Goberno local comprométese a facilitar acceso á rede wifi con cobertura mínima de 4G, a poñer a disposición de Ineco os espazos necesarios para o desenvolvemento das formacións, e tamén se ocupará da estancia dos profesionais asumindo o seu custo íntegro.

A formación dixital será de gran utilidade para o persoal municipal, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, a Escola de Hostalería, as asociacións, a Escola Municipal de Música, e para todos aqueles veciños e veciñas interesados en ampliar as súas competencias dixitais.

TEMAS A TRATAR NOS TALLERES

No que respecta aos Talleres Sociais, dirixidos en especial a persoas maiores, colectivos sociais e persoas vulnerables, a formación tocará temas de utilidade no día a día. En diferentes sesións tratarase a comunicación dixital (correo electrónico, mensaxería, etc), a seguridade e privacidade na internet, as transaccións económicas (banca dixital, compra online…), os trámites administrativos coa administración, asuntos relacionados coa saúde (citas médicas, recordatorio de medicamentos, localizacións familiares, xogos de memoria, etc), o uso de internet para lecer (viaxes, tempo libre, redes sociais…), ou a vixilancia e control parental.

Na planificación para os Talleres Económicos –dirixidos a autónomos, comercios ou empresas–, trataranse, entre outros temas: programas de formación en novas tecnoloxías, o posicionamento dixital, ferramentas para a organización interna, a tramitación electrónica con certificado dixital e as plataformas de contratación.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...