HomeMedio ambiente e PatrimonioTodo listo para a 'Festa dos Fachós' de Castro Caldelas

Todo listo para a ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

Será o vindeiro 19 de xaneiro e a celebración comezará como é costume ”entre o lusco e fusco”coa procesión na que o San Sebastián de palla irá seguido do Gran Fachón de máis de 30 metros e cunha comitiva de xente cuns 500 Fachós individuais.

Publicado o

- Advertisement -

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase cada ano o 19 de xaneiro, na véspera do San Sebastián, e comeza “entre o “lusco e fusco” –arredor das 19:30 h–. A tradición consiste nunha procesión na que saen do Santuario dos Remedios unha imaxe de palla do San Sebastián, e detrás del un fachón de máis de 30 metros e centos de fachós que percorren o Casco Histórico, arrodeando o Castelo e facendo o percorrido en plena escuridade (soamente o Castelo está alumeado).

A devandita procesión remata no adro do Santuario onde se queiman todos os restos de fachón e fachós individuais (uns 500 que facilita o concello) nunha gran fogueira, culminando deste xeito o rito do lume purificador ao tempo que tocan as campás da igrexa.

O lume dos fachós. Foto: Lois Rua

ORIXES DESTA FESTA

Malia que a Festa dos Fachós é una tradición ancestral, non se pode determinan a súa orixe con certeza. As primeiras referencias escritas das que se ten constancia son do ano 1751, sendo unha das celebracións máis antigas de Galicia. Sobre as orixes desta senlleira celebración hai escritos que falan das tradicións celtas relacionadas co lume, antes de ser cristianizado asimilando o culto a San Sebastián. O escritor ourensán Vicente Risco relaciona esta festa cos ritos celtas de culto ao sol.

Outra hipótese apunta ao século XVIII para referirse á orixe do ritual, cando unha peste de cólera arrasou a comarca caldelá. Foi entón cando a veciñanza pregou a San Sebastián e San Roque para que intercederan e remataran coa enfermidade, facendo unha fogueira para queimar as pertenzas dos infectados.

Finalmente, outra interpretación vincula a orixe da celebración á conmemoración da busca que fixeron os cristiáns para atopar o corpo do santo a noite que foi martirizado.

As diversas hipóteses que pretenden explicar a orixe da festa desde una óptica local teñen escasa fiabilidade histórica, sen embargo resultan interesantes como interpretacións populares. 

Antigamente a elaboración dos fachós facíase coa palla da sega, palla que se obtiña despois de sementar o centeo e segar. Actualmente esta práctica foise perdendo ata quedar en desuso, polo que un dos inconvenientes para seguir mantendo esta tradición é a falta de palla para facer os Fachós. Para atoparlle solución a esta situación, o Concello de Castro Caldelas encárgase de sementar cada ano o centeo, de segar, carrexar e mallar ao igual que se facía tradicionalmente, preparando a palla e gardándoa no palleiro para a celebración.

E PARA DESPOIS DA PROCESIÓN?

O elemento tradicional por excelencia é a procesión que sae do adro do Santuario dos Remedios e percorre a noite Caldelá polas rúas do Casco Histórico dando a volta ao Castelo que preside a vila. Todo este ritual desenvólvese na escuridade da noite e ao remate do percorrido os restos do Gran Fachón e dos Fachós deposítanse para seren queimados nunha gran fogueira que se prende na entrada do Santuario.

A continuación, xuntanza e troula co lado gastronómico e festeiro da festa. O Concello ofrece chourizos asados, pan artesán de forno de leña, viño da DO Ribeira Sacra e unha “Queimada”. E despois de comer, música. Ese ano da man das Charangas Tattoo e Terras do Bibei e do Grupo Airiños de Caldelas.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...