HomeEn profundidadeImaxe renovada para Daveiga e as súas 'Mariñeiras'

Imaxe renovada para Daveiga e as súas ‘Mariñeiras’

A empresa chantadina Lugar da Veiga S.L.L. empeza unha nova etapa cuns pequenos cambios de imaxe. Trátase da evolución dos seus logos comerciais cara unha nova identidade visual, incluíndo no proxecto un novo packaging e un renovado ton e estilo de comunicación.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A nova identidade corporativa de Daveiga busca transmitir, en palabras de Xosé Lois Lamazares, Coordinador Xeral da empresa: “o dinamismo propio dunha empresa acorde á súa historia, á súa visión, aos seus valores e á súa equipa. Trátase dun cambio que, sen romper coa esencia da empresa, impulsa a marca e enriquécea, construíndo unha identidade máis sólida e con máis personalidade, frescura, creatividade, diversión e maior conexión coa actualidade”.

A evolución do logo constitúe un paso máis no proceso de transformación no que Daveiga vén traballando nos últimos tempos e co obxectivo, din, “de proxectar unha imaxe máis moderna, flexible e dixital”. O anterior logotipo levaba vixente desde 2006, e a idea de crear unha nova imaxe busca expresar visualmente a transformación e evolución da empresa. Agora, ese logo é simplificado e modernizado para adaptalo aos novos tempos, co fin de xerar unha expresión de marca máis actual e limpa que conecte cos distintos públicos aos que a compañía se dirixe.

Imaxe de tres das novas bolsas de Mariñeiras que Daveiga ten no mercado. Foto: Lugar da Veiga S.L.L.

A nova identidade recolle deste xeito a aposta da empresa galega polo minimalismo e as contornas dixitais sen perder a esencia da marca. Mantense o mariñeiro como imaxe icónica, pero esta vez con detalles simplificados que expresan modernidade, acompañada por unha nova imaxe corporativa que segue as cores diferenciadas da marca e cunhas novas tipografías totalmente pensadas e optimizadas para as contornas dixitais”, comenta Xosé Lois.

NOVAS BOLSAS

En canto ao deseño de packaging a empresa encargada da creatividade optou por un fondo branco para transmitir transparencia e sinxeleza que permita á vez destacar nun lineal saturado de marcas. Un exercicio de limpeza de mensaxes que sintetiza a información para unificar a gama e permitir ao consumidor entender de xeito doado o produto que está a comprar e os seus posibles (e infinitos) usos.

Incorpórase ao deseño unha descrición do produto que o identifica e diferencia no mercado doutro tipo de galletas: “O pan sen miga”. Deste xeito transmítese o concepto do produto e a súa orixe: unha solución dos mariñeiros para conservar o pan, de forma natural, nas longas travesías.

O pan sen miga

EN VARIAS LINGUAS PERO PRIMANDO O GALEGO

No novo deseño das súas bolsas incorpóranse contidos en 6 idiomas, destacando como primeira lingua o galego para amosar o compromiso e vínculo da marca co territorio. As outras linguas presentes son o eúscaro, catalán, español, portugués e inglés, idiomas que se teñen en conta como recoñecemento da empresa a outras linguas empregadas por moitos dos seus consumidores.

destacando como primeira lingua o galego para amosar o compromiso e vínculo da marca co territorio

Visita recente do IES de Arzúa ás instalacións de Lugar da Veiga SLL. Foto cedida.

NOVOS SABORES

Ademais do cambio de imaxe, Daveiga lanzou dous novos sabores na súa gama de Mariñeiras naturais: de sabor integral e sen sal. Ambas variedades están enfocadas e pensadas para cubrir demandas e necesidades de consumidores actuais.

Daveiga lanzou dous novos sabores na súa gama de Mariñeiras naturais: de sabor integral e sen sal

O proceso de cambio de imaxe de DAVEIGA foi implementado e desenvolvido por Lacía, empresa especializada en branding e deseño de packaging. “O seu profundo coñecemento da marca e a súa experiencia foi clave para reflectir a nova Daveiga na súa imaxe e identidade corporativa”, di Xosé Lois Lamazares, Coordinador Xeral da empresa.

ÚLTIMAS

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...