HomePolíticaO BNG concéntrase en Taboada para reclamar o arranxo da N-540

O BNG concéntrase en Taboada para reclamar o arranxo da N-540

A estrada N-540 segue nun estado de conservación pésimo e con fochancas durante todo o percorrido dende Lugo a Ourense. “En Lugo precisamos vías seguras  para estar conectados con Ourense, unha cidade coa que se ten moita relación comercial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG solicita o arranxo integral da N-540 con unha concentración a altura de Meixonfrío (Taboada), na que participaron Nestor Rego, deputado do BNG no Congreso, Efrén Castro, deputado na Deputación Provincial, José Portela, tenente alcalde de Taboada xunto con concelleiros das vilas por onde pasa a N-540 e veciñanza de Monterroso, Taboada e Chantada.

“Nos vindeiros orzamentos que se presenten no Congreso o BNG pedirá ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que se inclúan unha serie de partidas para o arranxo integral desta estrada”, informou Néstor Rego ás persoas alí congregadas.

O BNG esixirá que o goberno do Estado actúe de maneira inmediata naqueles puntos  da estrada onde o perigo para a circulación e maior, pois na mesma existen puntos onde se precisan actuacións de forma inmediata.

N-540 concentración / BNG LugoSul

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...