HomesociedadeNacen as "Papeiras", galletas elaboradas no obrador das 'Xianas' de Taboada

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Collen o seu nome do intercambio de aturuxos que en tempos pasados había entre viticultores das dúas beiras do Miño, e saen ao mercado con 3 sabores: manteiga, améndoa e manteiga con pebidas de chocolate.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta pola diversificación para achegar ao mercado un novo produto que se presenta con tres sabores diferentes: manteiga, améndoa e manteiga con pibides de chocolate.

CAL É A ORIXE DO SEU NOME

Segundo explican no obrador de Galletas Xianas de Taboada, “contan os maiores da zona, que durante a vendima nos viñedos da Ribeira Sacra intercambiábanse uns aturuxos entre os viticultores das dúas beiras do Miño. Os do lado de Taboada, Chantada e Carballedo berrábanlles aos da otra beira: ‘Ei Rabudos’, mentres que os do lado de Pantón e O Saviñao respostaban: ‘Ei Papeiros’. Din que a orixe de “Rabudos” viña de “rabinos”, pola antiga influencia dos xudeos na zona de Lemos, mentres que a orixe de “Papeiros” viña de “Papa” debido á influencia católica na outra beira”.

Ao igual que todolos productos elaborados neste obrador de Taboada, as ‘Papeiras’ contan con Selo de Artesanía Alimentaria de Galicia (a!) que garante a súa elaboración artesanal e natural (sen aditivos, conservantes nin colorantes) empregando materia prima de calidade.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...