HomeDeportesAs ribeiras do Miño protagonizan o 23 de febreiro a segunda etapa...

As ribeiras do Miño protagonizan o 23 de febreiro a segunda etapa do Gran Camiño na provincia de Lugo

Taboada, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada completan o itinerario da segunda etapa da volta, que se celebrará o 23 de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes, Efrén Castro, participou este sábado na presentación do percorrido da volta ciclista profesional “O Gran Camiño” que, por terceiro ano consecutivo, traerá á provincia de Lugo os mellores equipos e ciclistas internacionais, co patrocinio da área de Deportes.

No acto, celebrado no Audiotorio Fontán, en Compostela, desvelouse o percorrido completo da etapa lucense, a segunda da volta, que se disputará o 23 de febreiro, que pasará por oito concellos. Taboada -saída da etapa-, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada -chegada – completan o itinerario lucense da proba, que concede especial protagonismo ás ribeiras do Miño.

Efrén Castro sinalou que “desde a primeira edición, O Gran Camiño situou ás comarcas de Lugo como escenario do mellor ciclismo internacional, o que supón unha plataforma inmellorable para a proxección do territorio ao chegar a pantallas de todo o mundo”.

Nesta terceira edición, o itinerario terá como referencia o Miño, “un dos elementos xeográficos máis emblemáticos de Galiza, que contribúe ao recoñecemento da viticultura da Ribeira Sacra, fundamental para o mantemento das paisaxes e do dinamismo económico, social e cultural das comarcas do sur de Lugo”, conclúe.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...