HomeCultura"O auto de Castromil", este 25 de xaneiro no Multiusos de Monforte

“O auto de Castromil”, este 25 de xaneiro no Multiusos de Monforte

A volta do teatro en Monforte terá lugar este xoves, 25 de xaneiro, no Edificio Multiusos a partir das 20.15 horas, coa obra O auto de Castromil, da compañía Producións Teatrais Excéntricas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no primeiro semestre do ano 2024, para o que programa 7 pezas, 6 para público adulto e 1 para público infantil e familiar.

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, este xoves, 25 de xaneiro, ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos O auto de Castromil, da compañía Producións Teatrais Excéntricas, obra escrita e dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Patricia Vázquez, Rocío González, Marcos Orsi e Víctor Mosqueira. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

Con este proxecto, a compañía gañou o III Concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María e que recibe o apoio do Concello de Monforte de Lemos xunto con máis de corenta concellos e institucións de Galicia. A obra relata a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espirito antroidesco. “O auto do Castromil” é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos será Entrega en man da compañía Contraproducións que terá lugar o xoves, 22 de febreiro, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...