HomePolíticaA seguridade viaria e a sanidade centran as mocións de Esperta Monforte...

A seguridade viaria e a sanidade centran as mocións de Esperta Monforte para o pleno de xaneiro

Esperta Monforte felicita ao equipo de goberno pola iluminación dos pasos de peóns. consideran que é un paso moi importante para previr atropelos e mellorar a seguridade viaria. Neste senso presentan unha moción ao pleno deste luns para unha "Cidade 30".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte lembra que tiñan presentado en xaneiro de 2021 unha moción para evitar accidentes e protexer aos peóns e que desde o 98 a Policía Local tiña encargado facer un informe sobre os pasos de peóns con mala visibilidade. Agradecen desde Esperta Monforte que este tipo de demandas foran consideradas e atendidas e insisten na necesidade de comunicación entre representantes políticos e comunidade.

Para seguir aumentando a seguridade de peóns presentan unha moción para unha “Cidade 30”, para garantir un límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación tal e como entrou en vigor o 11 de maio de 2021. Para conseguilo, Esperta propón: campaña de comunicación sobre a normativa e a súa aplicación, proceso de participación cidadá creando espazos de debate, revisión e adaptación da normativa municipal, modificar a sinalización, crear un plan de mobilidade urbana sustentable e desenvolver un plan de medidas de calmado do tráfico.

Piden tamén limitación a 20Km/h na rúa Zapardiel, “que se poñan bandas redutoras de velocidade e sinalizar que non se pode superar esta velocidade. Esta estrada é perigosa por estreita e mal iluminada polo que debería mellorarse a iluminación e contar con vixilancia da Policía Local”.

Esperta Monforte presenta ao pleno deste último luns de mes en Monforte, unha moción sobre a sanidade en Galicia, na que piden demandar da Presidencia da Xunta e da Consellería de Sanidade: incrementar o orzamento sanitario, especialmente en atención primaria, incrementar o persoal, abrir os centros de saúde pechados, reintegrar o servizo de ambulancias ao sistema público, plan urxdente para racionalizar as listas de agarda, elaborar un plan de saúde mental, concursos publicos transparentes e abertos para cubrir cargos de xestión, recuperar as xerencias de atención primaria e a súa capacidade de resolución,… Fan un chamamento á mobilización social e lembran que o día 4 de febreiro hai unha manifestación na Praza do Obradoiro, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

Esperta Monforte pide tamén maior control da zona C por parte da policía local, xa que esta nova área utilízase para facer o botellón e pregúntalle a Tomé como presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros, que ten pensado facer cada vez que se pecha o parque de bombeiros de Monforte.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...