HomeEconomíaAxudas para o fomento da iniciativa empresarial en Monforte

Axudas para o fomento da iniciativa empresarial en Monforte

O concello concede, por segundo ano consecutivo, axudas ás empresas que xeren novos postos de traballo. O prazo para presentar as solicitudes remata o 30 de novembro.

Publicado o

- Advertisement -

Poden acollerse a estas axudas, os empresarios e as pequenas e medianas empresas (PEME) que comezaran a súa actividade entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018, despois de estar en situación de desemprego. A finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa (constitución, existencias iniciais de mercadorías, gastos de alugueiro do local, primas de seguros, subministracións e gastos correntes) durante os primeiros meses da actividade.

A contía destas subvencións ascende a 25.000 euros, e o importe máximo de cada axuda será de 1.500 euros. Esta cantidade poderá incrementarse nun 25% no caso de que o beneficiario sexa muller ou unha persoa con discapacidade. Os autónomos poderán ser beneficiarios das axudas cando formen parte dunha Comunidade de Bens, Sociedades Civís ou constitúan unha Sociedade Mercantil.  Os detalles das bases poden consultarse na páxina web do Concello.

O obxectivo do concello é, segundo o alcade José Tomé, colaborar de forma activa na xeración de emprego e apoiar a posta en marcha de novos proxectos empresariais. Estas axudas tamén serven para fixar poboación e contribúen a un desenvolvemento sostible, facilitando a empregabilidade. Segundo o rexedor local “estas axudas, sumadas á posta en marcha do novo Obradoiro de Emprego, son elementos que demostran a aposta do Equipo de Goberno para contribuír a asentar postos de traballo no municipio”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...