HomeCulturaFaladoiros no centro social de Quiroga os últimos mércores de mes

Faladoiros no centro social de Quiroga os últimos mércores de mes

A persoa convidada nesta primeira xuntanza que se desenvolverá na biblioteca do centro ás seis da tarde do vindeiro mércores, 31 de xaneiro, será Mari Carme do Freixeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Social de Quiroga vai poñer en marcha unha nova actividade, un “Faladoiro”. Trátase dunha actividade que impulsada pola Concellería de Servizos Sociais, consistirá  en charlas-coloquios arredor dun tema e dunha persoa convidada que achegue experiencia e vivencias sobre o mesmo. Terán lugar o derradeiro mércores de cada mes.

No Faladoiro do 31 de xaneiro, Mari Carme do Freixeiro abordará a atención e comprensión ás persoas maiores e a experiencia de superar unha enfermidade grave. A convidada contará as súas experiencias como extraballadora do servizo de atención ao Fogar e como loitadora contra unha enfermidade grave.

As persoas que asistan poden intervir no coloquio que ten como obxectivo –como matizou o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández- “coñecer aspectos da vida que compartidos sempre se levan mellor, ademais da aprendizaxe que se pode sacar da interacción social”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...