HomesociedadeXornada de convivencia en Sober de Special Olympics Galicia e Fademga

Xornada de convivencia en Sober de Special Olympics Galicia e Fademga

Este último sábado de xaneiro, a localidade de Sober acolleu unha xornada de convivencia e intercambio de experiencias entre directivos, persoas voluntarias e profesionais de Special Olympics Galicia e da Federación Galega de asociacións de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento (FADEMGA Plena inclusión Galicia)

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sober, Luis Fernández, e a directora xeral de Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, acompañaron aos representantes destas organizacións durante este encontro, chamado a estreitar lazos entre os diferentes compoñentes da entidade deportiva e da Federación galega da discapacidade intelectual, que representa na actualidade a preto de 9.000 persoas con discapacidade intelectual e familias de toda Galicia.

Special Olympics Galicia é a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de persoas con discapacidade intelectual, que ten como finalidade a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer o tempo libre, a cultura e o deporte.

FADEMGA Plena inclusión Galicia, é a Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual, que conta na actualidade con 41 entidades galegas federadas. A misión do Movemento Asociativo é contribuír, dende o compromiso ético, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa familia poidan realizar o seu proxecto de calidade de vida, así como promover a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria. 

ÚLTIMAS

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...