HomesociedadeSober anima á participación no Desfile de Comparsas e no Concurso de...

Sober anima á participación no Desfile de Comparsas e no Concurso de Disfraces

Será o día 10 de febreiro con saída dende a Praza do Concello ás 17:00 h. e como remate terá o xa popular 'Baile da Cachucha' ás 20:00 h. Publicadas as bases de participación contémplanse importantes premios e o prazo para presentar solicitudes remata o día 8.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober programa o seu Desfile de Comparsas e Concurso de Disfraces para o sábado 10 de febreiro pero antes haberá dúas datas importantes de celebración. Trátase do Xoves de Compadres, o día 1 de febreiro, e o Xoves de Comadres, o 8 deste mesmo mes.

Para animar á participación, o concello vén de publicar as bases destacando que a inscrición realizarase no Centro Sociocultural tras encher un impreso de solicitude e acompañando compia do DNI e certificado de conta do participante (individual ou colectivo). O último día para facelo é o 8 de febreiro.

No que respecta á composición dos participantes do desfile, as comparsas estarán conformadas por 10 compoñentes como mínimo, levarán un número de identificación para poder ser valorados polo xurado e colocaranse por orde de chegada na Praza do Concello a partir das 16:00 h. O xurado valorará tres puntos á hora de puntuar: elaboración do disfraz, posta en escena e orixinalidade.

Para o Concurso de Disfraces, que se realizará no transcurso do “Baile da Cachucha” no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, haberá 2 modalidades de participación: Infantil e Adultos, tendo que ser disfraces diferentes aos que xa asistiran ao desfile de comparsas.

Rematado o desfile haberá inchables, xogos e merenda para todos os participantes ás 18:00 h. e a partires das 19:30 h. desfile de disfraces e degustación de cachucha acompañada con viño.

PREMIOS

Todas as comparsas terán un premio de 60 € só por participar e despois, haberá as seguintes dotacións económicas:

No apartado de Comparsas, premio especial de 150 euros para a comparsa máis numerosa, 300 € para a primeira, 175 para a segunda, 125 para a terceira e 75 para a cuarta clasificada.

No que respecta ao Concurso de Disfraces, tanto na modalidade Infantil como na modalidade de Adultos, as recompensas económicas serán as seguintes: 60, 40 e 30 € para os e primeiros premiados con disfraz individual. No caso de disfraces colectivos ata 6 persoas: 100, 50 e 40 € para 1º, 2º e 3º premiado respectivamente.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...