HomePolíticaO GDR Ribeira Sacra-Courel impulsou 134 proxectos e creou máis de medio...

O GDR Ribeira Sacra-Courel impulsou 134 proxectos e creou máis de medio cento de empregos

Na convocatoria 2017-2023 apoiáronse un total de 175 proxectos nos 13 concellos que forma parte desde Grupo de Desenvolvemento Rural que supuxeron un investimento de máis de 10 M€ e que contaron con axudas por importe de 4,7M€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O maior número de iniciativas postas en marcha do GDR leváronse a cabo en Sober con 36, seguido de Quiroga con 24 e Monforte de Lemos e Ribas de Sil con 19 en cada concello. En Folgoso do Courel 17, Bóveda 11, O Saviñao e A Pobra do Brollón 10 en cada un, 9 en Triacastela, 8 nas Nogais, 7 no Incio, 4 en Pantón e 1 en Samos.

A candidata número 6 do PP de Lugo ao Parlamento de Galicia, Raquel Arias, pon en valor que o GDR Ribeira Sacra-Courel “é un axente dinamizador de vida no rural, ao fixar poboación e ser un mecanismo de oportunidades laborais”. A través do GDR, que depende do AGADER, a Xunta de Galicia investiu en 134 proxectos que permitiron a creación de 52 empregos.

Arias quixo coñecer a iniciativa desenvolvida pola panadaría Herbella, da Pobra do Brollón, e que foi posible grazas as axudas concedidas a través deste Grupo de Desenvolvemento Rural; un exemplo, dixo, “que demostra a utilidade pública deste axentes como catalizadores do emprendemento e da diversificación da economía local.

O ámbito de actuación deste GDR abarca 13 concellos. Da comarca de Lemos son os de Bóveda, Monforte, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober. Da de Quiroga, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. Da de Sarria, O Incio, Samos e Triacastela e, pola comarca de Os Ancares, As Nogais. É así un dos Grupos de Desenvolvemento máis extensos de Galicia, ao abarcar unha superficie de case 2.000 quilómetros cadrados.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...