HomeDeportesO Quiroga Trail Challenge modifica percorrido e distancia de 2 probas

O Quiroga Trail Challenge modifica percorrido e distancia de 2 probas

A medida afectará ás ultras de 62 e de 90 quilómetros e faise para preservar un niño de aguias reais que se atopa nas proximidades do Pico Montouto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización da Quiroga Trail Challenge vén de anunciar que van modificar trazado e distancia de dúas probas pola necesidade de preservar un niño de aguias reais que se atopa nas proximidades do Pico Montouto, sen dúbida, un dos máis emblemáticos do Xeoparque.

Nun principio, contábase coa posibilidade de volver ao percorrido orixinal da carreira de 62 quilómetros, tal e como era ata o ano 2.019, debido a que nas datas do evento, 24 e 25 de febreiro, as aves non se atopan en fase de anidación, o que non suporía ningún problema. Con todo, tras consultar recentemente en busca de confirmación definitiva, Medio Ambiente rectifica porque as aguias atopanse en fase de apareamiento e consideran que o paso dos corredores podería entorpecer esta fase. Débese de ter en conta que as aguias reais en Galicia están catalogadas como especie en perigo de extinción.

CAMBIOS DE DISTANCIA E TRAZADO NAS PROBAS AFECTADAS

Consecuentemente, a dirección da carreira decidiu modificar, sen máis espera, os percorridos afectados eliminando o paso pola zona restrinxida, quedando da seguinte maneira: a ultra de 62 quilómetros ascenderá ao Pico Pía Paxaro, aumentado a distancia ata os 70 quilómetros, con 4.000 metros de desnivel positivo, e co aliciente engadido de pasar por tres das fervenzas máis impresionantes do Xeoparque. Pola súa banda, a ultra de 90 quilómetros, creada como novidade do décimo aniversario da proba, mantén a súa distancia e engade a subida ao Pico Formigueiros, o máis alto de todo o Xeoparque Montañas do Courel, o que aumentará o desnivel positivo ata os 5.600 metros.

“Entendemos que se trata dun novo reto para todos: corredores, voluntarios e organización”, explican Blas Rodríguez e Manuel Barreiro, directores do evento. Ao mesmo tempo, esperan satisfacer igualmente as expectativas de todos os implicados e agradecen a comprensión ante a necesidade de protexer, ante todo, a natureza e fauna dunha contorna tan exclusiva como é o Xeorparque Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...