HomeSucesosUn veciño de Monforte perde a vida nunha colisión en Santalla de...

Un veciño de Monforte perde a vida nunha colisión en Santalla de Tuiriz

Un home de 47 anos, con iniciais M.A.G. e veciño de Monforte de Lemos, perdeu a vida este venres tras colisionar o vehículo no que circulaba contra outro turismo na estrada CG 2.1, no municipio lucense de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sinistro produciuse pouco antes das 21,00 horas na parroquia de Santalla de Tuiriz. En concreto, no punto quilométrico 9,5. Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares puxéronse en contacto coa central de emerxencias para alertar desta colisión, sinalando que os condutores dos vehículos atopábanse inconscientes e atrapados no interior.

Con esta información, os operadores do 112 deron aviso aos Bombeiros de Monforte e aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron ao lugar do accidente unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, dúas ambulancias de soporte vital básico e a persoal sanitario da PAC de Monforte.

A continuación, os equipos médicos atenderon a tres pacientes, resultando falecido no punto o condutor dun dos vehículos. Ademais da vítima, o 061 atendeu a unha muller de 45 anos e a un menor, que viaxaban no outro turismo implicado e que foron trasladados ao Hospital de Monforte.

Persoal da Axencia Galega de Infraestruturas encargouse da limpeza da vía, mentres que a Garda Civil de Tráfico recolleu no lugar a información relevante sobre o sinistro para tratar de esclarecer as causas.

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...