HomesociedadeCinco premios de 10.000€ para emprendedores do rural na provincia de Lugo

Cinco premios de 10.000€ para emprendedores do rural na provincia de Lugo

Os premios "Emprendendo no Rural", é unha iniciativa que se pon en marcha para fomentar a creación de empresas na provincia.

Publicado o

- Advertisement -

Presentada a primeira edición dos premios Emprendendo no Rural, a iniciativa que pon en marcha a Deputación de Lugo para fomentar a creación de empresas na provincia, achegando 50.000 euros.

Os premios, de 10.000 euros cada un, repartiranse entre 5 emprendedores que desexen abrir un negocio no rural, e precisen dunha pequena axuda para facelo.

Xa está aberto o prazo para que todos os interesados en participar poidan rexistrar as súas solicitudes ata o vindeiro día 29 de novembro, incluído. A previsión é que a finais de ano se coñezan os beneficiarios. As solicitudes presentaranse de maneira telemática na sede electrónica da Deputación: http://sede.deputacionlugo.org

Toda a información e documentación necesaria pode atoparse na páxina web: http://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/emprendendo_rural.

Pode participar calquera cidadán, as únicas esixencias serán non estar constituídos como empresa (co que se premia a idea) a obriga de constituírse antes de 31 de agosto de 2019, afincarse no rural e manter a actividade durante polo menos dous anos.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...