HomesociedadeDo 12 ao 14 de febreiro, a D.O. Ribeira Sacra na Wine...

Do 12 ao 14 de febreiro, a D.O. Ribeira Sacra na Wine Paris & Vinexpo Paris

A D.O. Ribeira Sacra participa na Vinexpo Paris con viños de 15 adegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta acción de promoción no mercado internacional é a segunda á que acode a Denominación de Orixe este ano, despois de estar presente na Barcelona Wine Week. Despois a seguinte feira internacional á que acudirá o Consello Regulador Ribeira Sacra será Prowein en Düsseldorf.

A participación na Wine Paris & Vinexpo Paris 2024 é a segunda acción de promoción conxunta levada a cabo con ACRUAGA en París, tras acudir tamén a esta cita internacional no ano 2022. A feira reúne durante 3 días a compradores internacionais e aos principais responsables da toma de decisións no mercado do viño. A participación na feira supón promocionar e dar a coñecer os viños da D.O. no mercado internacional.

As adegas que participan na feira son:

  • Abadia da Cova
  • Alma das Donas
  • Bodegas Petrón
  • Don Bernardino
  • Finca Cuarta
  • Finca Millara
  • Pazo de la Cuesta
  • Ponte da Boga
  • Rectoral de Amandi
  • Regina Viarum
  • Ronsel do Sil
  • Tolo de Xisto
  • Via Romana
  • Viña Vella
  • Viñas de Belesar

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...