HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta traballa na recuperación e xestión de 245.000Ha afectadas polos incendios...

A Xunta traballa na recuperación e xestión de 245.000Ha afectadas polos incendios rexistrados no 2022

As actuacións fanse en colaboración con axentes sociais e implican cinco comarcas afectadas polos lumes de 2022: O Courel, Valdeorras, Macizo Central, Monterrei e Barbanza. A Consellería do Medio Rural colabora con 26 concellos para buscar solucións as máis de 245.000 hectáreas que requirían de medidas para a súa recuperación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou na mesa de axentes sociais que tivo lugar no Pazo de Quián. O obxectivo desta xuntanza, á que tamén asistiron o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, foi presentar as conclusións obtidas durante as primeiras fases do proceso participativo para a recuperación e xestión de áreas de concorrencia de lumes forestais.  

González reafirmou a súa aposta pola recuperación de terra abandonada xa que “é a mellor forma de evitar que se produzan os lumes e de limitar a súa afectación unha vez que se producen”. Con respecto ao proceso, realizáronse encontros con axentes das áreas afectadas, como cargos e técnicos de diferentes administracións, empresas xestoras, axentes forestais, profesionais da madeira, gandeiros, comuneiros e cidadanía en xeral.

Os principais obxectivos deste proceso son a compilación de propostas de uso e xestión do territorio, dende os puntos de vista forestal, agrogandeiro, ambiental e social-recreativo, identificar os axentes interesados en levar a cabo propostas, así como priorizar as áreas de actuación de cara a mellora da resiliencia fronte ao lume.

Seguindo esta liña, o titular de Medio Rural trasladou a importancia dos instrumentos que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria na anticipación aos lumes. Deste xeito, dixo, trabállase mediante as aldeas modelo, os polígonos agroforestais, o Banco de terras, os polígonos cortalumes ou as agrupacións forestais de xestión conxunta. Ademais, referiuse tamén a ferramentas como o Plan Forestal de Galicia, o Plan de Pastos, o Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña de Galicia ou o Plan Galego de valorización sustentable de madeiras frondosas caducifolias.

O conselleiro fixo fincapé na planificación estratéxica posta en marcha polo Goberno galego, que implicará unha acción integral no territorio. Para levar isto a cabo, tal e como indicou José González, cóntase coa colaboración aberta pola Xunta para crear un novo fondo público-privado para anticiparse aos incendios.

Neste sentido, agradeceu de novo a incorporación de Inditex a este fondo, cunha achega de 9 millóns de euros que se suman ao esforzo investidor da Xunta e que permitirá intervir nas devanditas comarcas e beneficiar unhas 118.000 persoas e trasladou que proximamente se engadirán máis empresas. Este fondo naceu co fin de crear un territorio resiliente ao lume, restaurar os espazos afectados e levar a cabo unha política de xestión da paisaxe centrada na prevención.

ÚLTIMAS

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...