HomePolíticaPor Chantada asegura que, "o equipo de goberno non quere formar parte...

Por Chantada asegura que, “o equipo de goberno non quere formar parte dos concellos emprendores da Galiza”

Por Chantada - Interior Galego Vivo levou ao último pleno unha moción para que Chantada entrase a formar parte dos "concellos emprendores da Galiza, algo que podería axudar a reforzar a estrutura económica e a captación de I+D+I. O sectarismo do PP lévao a votar en contra da moción aínda cando se trata dunha iniciativa da Xunta do PP", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Por Chantada explican que, a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia regula a iniciativa galega de concellos emprendedores co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais con simplificación das barreiras normativas e administrativas.

Esta iniciativa da Xunta desenvólvese desde o 2017 en colaboración coa FEGAMP. Para adherirse, entre outras cousas, os concellos deben comprometerse a proporcionarlles ás empresas e ás persoas emprendedoras as seguintes vantaxes:

  • Incentivos fiscais con bonificacións de ata 95% do IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen unha nova implatación ou ampliación de empresas xa existentes.
  • Concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñan da documentación completa e todos os informes sectoriais preceptivos.
  • Facilidades de acceso ao solo industrial con bonificacións e incorporación do direito de superficie.

Engaden que, os concellos adheridos son discriminados positivamente pola Xunta na concesión de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva a favor das empresas, autónomos ou entidades sen ánimo de lucro, nas axudas destinadas á implantación e ao funcionamento das iniciativas empresariais. “É dicir, beneficiaríanse as empresas e o concello, mais o alcalde e o PP fían todo a un proxecto da Ribeira Sacra que non é incompatíbel con isto nen é aínda unha realidade”, conclúen desde Por Chantada.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...