HomesociedadeCurso sobre poda de maceiras o 16 de febreiro en Pumar, Chantada

Curso sobre poda de maceiras o 16 de febreiro en Pumar, Chantada

A Oficina Agraria Móbil da Consellería do Medio Rural continúa impulsando xornadas formativas ao longo de toda Galicia. Nos vindeiros días visitará Chantada e Monterrei para ofrecer dúas sesións de aprendizaxe sobre poda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira cita será en Chantada, o venres, 16 de febreiro, no lugar de Pumar, na parroquia de Merlán, onde se desenvolverá un curso sobre poda de maceiras. A cita de Monterrei será o 21 de febreiro.

En cada un destes cursos poden participar, como máximo, 15 alumnos, que teñen que realizar a inscrición (gratuíta) previamente. O programa ten una parte teórica e outra práctica, con labores que se desenvolverán en parcela.

Datos para a inscrición:

  • Curso do día 16 en Chantada: Correo-e: oac.seca.chantada@xunta.gal. Teléfono: 982 870 247
  • Curso do día 21 en Monterrei: Correo-e: oac.seca.verin@xunta.gal. Teléfono: 988 788 310.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...