HomeTerra de LemosBóvedaLuz verde da Xunta ao parque eólico Paradela- 005

Luz verde da Xunta ao parque eólico Paradela- 005

O complexo eólico, entre Bóveda, O Saviñao, Paradela e Sarria, está promovido por Green Capital e ten unha potencia de 23 megawatts.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta outorgou autorización administrativa previa e de construción ao parque eólico Bretoña, situado entre os municipios lucenses da Pastoriza, Riotorto e Mondoñedo; así como ao parque Paradela-005, que se proxecta nos tamén concellos lucenses de Bóveda, O Saviñao, Paradela e Sarria.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns, 19 de febreiro, senllos anuncios asinados polo director xeral de Planificación Enerxética, Pablo Fernández Vila, con data do 17 de novembro (Bretoña) e 3 de xaneiro (Paradela-005).

O parque eólico Paradela-005 está promovido por Green Capital e ten unha potencia de 23 megawatts. O investimento previsto supera os 33 millóns de euros. Considérase que “non é previsible que o proxecto xere efectos significativos” de impacto ambiental.

No caso do parque Bretoña, impulsado por Norvento, conta cunha potencia de 3 megawatts, cun orzamento de execución de máis de 2 millóns de euros. Na resolución recóllese que “non están previstas afeccións” en relación cos prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, “máis aló das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución”. Así, dáse luz verde, aínda que se expón que “a instalación do parque eólico Bretoña implica un aumento do 0,04% da afección de hábitats prioritarios, un efecto acumulativo moderado en canto a avifauna e compatible para quirópteros”.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...