HomesociedadePublícase a declaración de interese social e utilidade pública do Polígono Agroforestal...

Publícase a declaración de interese social e utilidade pública do Polígono Agroforestal de Xesto, no Saviñao

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o decreto da Consellería do Medio Rural polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Xesto, situado no concello lucense do Saviñao. Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, abrangue unha superficie de 95,94 hectáreas, distribuídas en 143 parcelas de 33 propietarios.

Publicado o

POR
Redacció
- Advertisement -

A declaración de utilidade pública e de interese social implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público aos efectos da aplicación da tramitación de urxencia do procedemento.

Os polígonos agroforestais teñen por obxecto pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal.

No relativo ao polígono de Xesto, cómpre remarcar que a zona delimitada atópase na área de actuación de varias indicacións xeográficas protexidas -como a IXP Castaña de Galicia- e existe unha gran demanda de terreos para a mellora da estrutura territorial de explotacións xa existentes ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas vencelladas á gandaría en extensivo.

Actualmente hai 30 polígonos agroforestais en marcha (en diferentes fases de execución) na nosa comunidade, que supoñen a posta en valor de 9.323 hectáreas distribuídas en 30.357 parcelas propiedade de 8.568 veciños.

ÚLTIMAS

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...

1,5M€ para a segunda convocatoria das axudas destinadas á conservación paisaxística na Ribeira Sacra

As achegas están destinadas a poñer en valor o labor que desenvolven as persoas...