HomeCulturaO Colado do Vento, de Sober, organiza un obradoiro para concienciar sobre...

O Colado do Vento, de Sober, organiza un obradoiro para concienciar sobre a nosa etnografía

A actividade é posible grazas a 'Galicia Latente', unha iniciativa de Eduardo de Martís que busca achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a etnografía galega no presente. Será na Casa da Cultura o venres 23 de febreiro, ás 19:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de ‘Galicia latente‘ ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 200 páxinas, 218 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de Sober.  

Ademais, Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “construíndo conciencias”, que é o que se vai celebrar en Sober.

O OBRADOIRO

Este taller comeza cunha presentación sobre os retos da cultura galega, continuado cunha proxección do documental Galicia Latente e logo un coloquio titulado “canta riqueza cultural hai en min?”, rematando cunha recollida de valores locais.

consiste en coñecer e concienciarse sobre o valor da nosa contorna, das súas debilidades e das súas potencialidades

Este obradoiro organízao a asociación O Colado do Vento enmarcado nunha das liñas de traballo de 2024, que consiste en coñecer e concienciarse sobre o valor da nosa contorna, das súas debilidades –como a contaminación ou a desorganización territorial– e das súas potencialidades –como a cultura ou o patrimonio–. Nesta ocasión, a actividade busca reflexionar sobre a cultura.

Dende a asociación cultural soberina convidan a todas as persoas interesadas para que asistan á Casa da Cultura de Sober este venres 23 de febreiro, ás sete da tarde.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...