HomePolíticaRecurso de reposición de Por Chantada á aprobación definitiva do proxecto de...

Recurso de reposición de Por Chantada á aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa Rego

Segundo Por Chantada, "o alcalde leva impulsando un urbanismo caótico e especulativo que desfigurou a vila e parece que está decidido a ampliar o seu nefasto legado niste eido. Só así pode entenderse que, a pesar de ser un tema xudicializado pola viciñanza, se rexeitasen por decreto todas as alegacións formuladas pola viciñanza".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con estes antecedentes, Por Chantada presenta un recurso potestativo de resposición que pon fin á vía administrativa “alertando aos servizos municipais que vemos nos expedientes de urbanización e de licenza do mamotreto, que era de Vialmar, dúas caras dunha mesma operación urbanística polo que poderían concorrer os delitos de prevaricación administrativa e desvío de poder.”

Por Chantada demanda a nulidade dos decretos de alcaldía que dan cobertura á licenza do edificio e á urbanización da rúa do Rego entendendo que esta debería completarse até o Pavillón conforme o aprobado no seu día no planeamento urbanístico. Ao tempo, entenden “que deben revisarse de oficio a totalidade dos expedientes que atinxen ao edifiicio e á urbanización e remitirse proposta de ditame no sentido da imposibilidade de legalizar o edificio e procedendo, en consecuencia, a súa demolición”.

Segundo Por Chantada “A diferenza do que pretende o Concello, a licenza do mamotreto nunca foi defintiiva e sempre estivo condicionada á urbanización e saída da rúa do Rego. No 2023 este mesmo alcalde prorroga unha licenza inexistente e no 2015 declaraba a ilegalidade do edificio e o perigo que representaba para persoas e bens”. Entenden que se conculca o seu dereito á participación pública “ao retardar ou negar de facto o acceso aos expedientes solicitados”.

ÚLTIMAS

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...