HomesociedadeA Xunta destina 3 millóns de euros á creación, mellora e ampliación...

A Xunta destina 3 millóns de euros á creación, mellora e ampliación de servizos básicos en aldeas modelo

O DOG publicaba esta pasada semana a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo. Estas achegas están dotadas dun orzamento total de 3.000.000 millóns de euros distribuídos en dúas anualidades -1.500.000 euros para 2024 e 1.500.000 para 2025-, co fin de facilitar a execución dos proxectos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo destas axudas é reforzar os servizos públicos e dotacións básicas proporcionados á poboación rural das aldeas modelo, favorecendo a implantación de actividades que xeren emprego e fixen poboación.

As actuacións subvencionables a través desta liña de axudas son, entre outras, a rehabilitación de espazos públicos ou edificios destinados a servizos públicos, a mellora de vías públicas, as redes de servizos (alumeado, auga, saneamento, enerxía, comunicacións…), servizos asistencias e culturais ou a rehabilitación de elementos patrimoniais como hórreos, fontes, lavadoiros ou muíños.

As achegas prestan especial interese á modernización dos núcleos rurais, polo que tamén se poderán empregar estas subvencións para dixitalizalos e implementar e-servizos mediante Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) específicas para a provisión de servizos no medio rural.

Cada concello poderá presentar unha única solicitude de axuda, que poderá incluír ata un máximo de tres proxectos diferentes a executar dentro da aldea modelo. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 22 de marzo. Serán subvencionables aqueles gastos vencellados coa construción, adquisición e mellora de inmobles, terreos e os custes xerais relacionados coa obra civil, a maquinaria e o equipamento. As axudas poderán cubrir o 100% dos custes subvencionables ata un importe máximo de 150.000 euros.

ÚLTIMAS

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...