HomeCultura"Plantas silvestres, o botiquín da nosa terra", tema do Faladoiro deste mes...

“Plantas silvestres, o botiquín da nosa terra”, tema do Faladoiro deste mes no centro social de Quiroga

A convidada deste mes é Carol de 'Malas hierbas'. Ten raíces en Ribas de Sil e un día decidiu vir de Barcelona e apostar pola vida rural en Torbeo. Este segundo “Faladoiro” terá lugar a partir das 18:00h deste mércores, nas instalacións do Centro Social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Faladoiro é unha iniciativa da Área de Servizos Sociais do Concello de Quiroga que busca crear un espazo de socialización e de coñecemento, na que partindo dun tema a tratar e dunha persoa convidada, os asistentes poden intervir para coñecer máis á relatora ou relator, para aprender, e incluso para contar as súa experiencias.

Carol de ‘Malas hierbas’ será a convidada deste mércores, con raíces en Ribas de Sil, dende hai un tempo vive en Torbeo e impulsa un proxecto que pon en valor o poder curativo das plantas.

Na sesión do vindeiro mércores, na compaña do concelleiro, Xosé Manuel Fernández, Carol comentará como foi descubrindo e coñecendo as plantas do municipio e da súa contorna máis próxima. A partir de aí afondarase nos usos e propiedades das distintas variedades. Carol abordará tamén o poder de sanación e os métodos de utilización das plantas; á vez que recomendará libros para iniciarse no seu coñecemento.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...