HomesociedadeDescontos de ata 60 euros no programa ‘Lugo Termal’

Descontos de ata 60 euros no programa ‘Lugo Termal’

A Deputación de Lugo ofrece descontos en tratamentos termais nos balnearios da provincia a case 1.200 veciñas/os. Poderán participar nesta programación os maiores de 55 anos empadroados en calquera concello da provincia e o prazo de solicitude abrirase o 21 de novembro.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, deu conta da aprobación das bases para a selección dos usuarios/as que serán publicadas no BOP esta semana, antes do 21 de novembro, data de apertura de inscricións.

Nesta convocatoria decidiuse duplicar o número de prazas para Lugo Termal 2018 con interesantes descontos en tratamentos termais que beneficiarán a uns 1.200 veciños da provincia de Lugo. Os Balnearios que participan neste programa son Termas de Lugo, Augas Santas de Pantón e Río Pambre en Palas de Rei.

Os únicos requisitos que se piden é ser maior de 55 anos e estar empadroado en calquera dos concellos da provincia de Lugo.

A Deputada Sonsoles López Izquierdo na presentación do “Lugo Termal” 2018. Fonte: Deputación de Lugo

paquetes subvencionados e prezos

As prazas subvencionadas con estancia consisten en 6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres, pensión completa, 1 recoñecemento médico, de 15 a 20 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é de 190 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación. A distribución das prazas é:

– Balneario Termas de Lugo: 50 prazas.

– Balneario Augas Santas, en Pantón: 730 prazas.

– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 180 prazas.

Prazas subvencionadas sen estancia inclúen de 30 a 40 técnicas termais durante 10 días, sendo 3 técnicas ao día; e un recoñecemento médico. O prezo neste caso é de 200 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación. A distribución das prazas é a seguinte:

– Balneario Termas de Lugo: 120 prazas.

– Balneario Augas Santas, en Pantón: 20 prazas.

– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 20 prazas

Lugo Termal ofrece tamén atención especializada ás persoas con problemas de mobilidade para garantirlle o acceso e goce dos tratamentos termais e tamén programas específicos para persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial. Dende a súa posta en marcha, foron máis de 5.000 veciños os que participaron nesta programación que ofrece descontos de ata 60 euros en tratamentos mineromedicinais.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...