Homesociedade"Terra de Viño", de Zeltia Mateo, anuncia a Feira do Viño de...

“Terra de Viño”, de Zeltia Mateo, anuncia a Feira do Viño de Quiroga

A quiroguesa Zeltia Mateo Álvarez co lema “Terra de viño” foi a gañadora do primeiro concurso do cartel da XLII Feira do Viño de Quiroga. Desde a organización destacan a importante participación feminina nesta primeira edición, na que a proposta gañadora elaborouse con maquillaxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas bases do concurso pedíase que os carteis aludiran ao espírito da feira facendo especial fincapé no mundo do viño e no patrimonio e cultura de Quiroga; e o xurado –composto por un deseñador gráfico, unha técnica en imaxe e encargados do departamento de cultura e turismo– entendeu que o cartel de Zeltia, no que destaca a imaxe do Túnel Romano de Montefurado, así o facía.

Por iso esta obra da enxeñería romana foi o lugar escollido para facer a presentación. O Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; acompañado da práctica totalidade do Grupo de Goberno; xunto coa artista presentaron este martes pola mañá, o cartel que se utilizará para anunciar a XLII Feira do Viño de Quiroga.

Unha vintena de carteis presentáronse a este primeiro concurso, no que destacou a alta participación local co IES de Quiroga á cabeza e tamén a participación feminina xa que o 85% dos traballos presentados estaban asinados por unha muller.  A temática dos traballos foi moi variada así como a técnica empregada. Zeltia utilizou maquillaxe, característico nos seus traballos.

Zeltia Mateo, gañadora dos 300 € do premio é perruqueira a domicilio, “ben coñecida polos impresionantes traballos de maquillaxe de efectos especiais que fai sobre ela mesma e que xa traspasan fronteiras. E con esta maquillaxe foi coa que elaborou o cartel gañador do concurso. Esta moza é ademais das persoas que viven con intensidade esta feira na que leva participando toda a súa vida e que como ela mesmo recoñece, cando acaba unha feira xa estou pensando na do ano seguinte”, sinalan desde o concello.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...