HomesociedadeChantada celebra o 8M rastrexando a igualdade

Chantada celebra o 8M rastrexando a igualdade

O Concello de Chantada, a través do Centro de Información á Muller, desenvolve durante este mes de marzo unha ampla programación de cara a celebración do 8M, Día Internacional da Muller.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 1 de xaneiro, celebrouse no Auditorio Municipal de Chantada a II Mesa coloquio 8M, neste caso co título “Traballadoras Invisibles”, na que media ducia de mulleres, amas de casa, coidadoras, gandeiras, agricultoras, limpadoras, cociñeiras… comentaron as súas experiencias de vida.

Durante a fin de semana o Concello de Chantada tamén colaborou no XVIII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Lagrego Galego, que se celebrou na Galería Vilaseco Laboratorio Creativo de Chantada.

Para o venres, 8 de marzo, desde o CIM organízase a xincana, “Rastrexando a igualdade por Chantada”. A actividade que terá lugar na xornada do mañá contará coa participación do alumnado dos centros de ensino de Chantada, que percorrerán as rúas da vila resolvendo as distintas probas.

A lectura do manifesto do 8M terá lugar ás 12:00h na Praza do Cantón. A concelleira de Igualdade, Pamela Fernández, encargarase da lectura e convida a participar a todas as veciñas e veciños, “será un día importante coa nosa vuventude rastrexando a igualdade polas nosas rúas; xuntarnos todas/os despois no Cantón para a lectura do manifesto e dar mostra da importancia de traballar xuntas/os desde a educación para conseguir unha sociedade realmente igualitaria”.

Con esa intención de centrar a atención na educación desde a infancia e a xuventude, a programación do 8M complétase con dúas sesións de contacontos. A primeira o propio 8M ás 17:00h na Casa da Cultura con “Bolboretas”. Xa o mércores, 20 de marzo, a Casa da Cultura acollerá ás 17:00h “Elas” con Vero Rilo.

Tamén ao redor do 8M, desde mediados de febreiro, a rúa na que está ubicado o CIM chámase “Rúa 8 de marzo” como homenaxe á muller e en reivindicación da igualdade real de dereitos e deberes.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...