HomesociedadeÉxito de participación para os 'Cantos de Taberna' de Quiroga

Éxito de participación para os ‘Cantos de Taberna’ de Quiroga

Terá lugar o vindeiro sábado 9 de marzo e contará con 11 grupos que percorrerán os establecementos hostaleiros da localidade entre as sete e as doce da noite aproximadamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Once grupos participarán este sábado na VII edición dos Cantos de Taberna. “Trátase da edición con máis grupos participantes de todas as realizadas”, comentan dende o concello.

O pasado luns pechábase o prazo para realizar as inscricións e nesta recta final antes do evento trabállase na elaboración dos horarios e do percorrido que terá que facer cada grupo participante. Os grupos inscritos este ano veñen dende diversos puntos da provincia de Lugo e de Ourense.

GRUPOS PARTICIPANTES

Foliada de Bosende (Bosende), Son do Mao (Bóveda), O Recanto (Quiroga), Estoupafoles e Corenta e Chinco (A Pobra do Brollón), Minestrales (Monforte de Lemos), Abertal (A Rúa), Macizas Centrais (Trives), Eí os veñen (Ourense), Os Tarabelos (O Saviñao) e Nubeiro Son Galego (Lugo).

Celebración do San Martiño 2022 co grupo O Recanto / XdL
NOVIDADES E POSTA EN MARCHA DOS CANTOS DE TABERNA

Unha das novidades que se puxo en marcha o pasado ano e que se mantén este é que se entregarán 150 € a cada grupo participante para que gaste nos establecementos que forman parte do percorrido. Estes establecementos participantes, pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

Está previsto que antes do comezo –o 9 de marzo sobre as 18:30-19:00 h– se reúnan os grupos na Casa da Cultura para darlles o itinerario do percorrido. A actuación en cada establecemento roldará a media hora e calcúlase que o remate sexa sobre a media noite. A idea inicial da organización era rematar cunha gran foliada nunha céntrica praza da vila pero dadas as condicións meteorolóxicas que se anuncian desbotouse esa opción.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...