HomeMovementos sociaisMonforte concéntrase de novo en solidaridade con Palestina

Monforte concéntrase de novo en solidaridade con Palestina

Será unha das 31 vilas e cidades que se mobilizan este 11 de marzo. O lugar de encontro, como é costume, será a Praza de España, e a convocatoria faise para as 20:30 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mar de Lumes, en solidariedade co pobo palestino, convoca unha concentración simultánea en 31 localidades galegas para visibilizar a urxencia de seguir falando sobre Palestina e para activar la solidariedade e denunciar el xenocidio en curso.

En Monforte, a concentración levarase a cabo este 11 de marzo ás 20:30, na Praza de España. “Esta convocatoria busca resaltar que o futuro de Palestina está intrínsecamente ligado ao de todos os pobos, nunha loita conxunta contra a barbarie e a axenda criminal do imperialismo”, trasladan dende a organización.

Mar de Lumes convida á comunidade galega a unirse neste acto de solidariedade e denuncia que serve de apoio ao pobo palestino en defensa da xustiza e a dignidade para todos os pobos do mundo.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...