HomeEconomíaNa segunda quincena de abril comezarán as obras da residencia de maiores...

Na segunda quincena de abril comezarán as obras da residencia de maiores da Pobra do Brollón

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anuncia que a Xunta de Goberno autorizará este venres, 15 de marzo, a cesión do contrato de construción do Centro de Atención a Maiores á mercantil Construcciones Castro Figueiró SLU por un importe de case 2,2M€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este procedemento administrativo acurta os tempos, pois permite iniciar os traballos de inmediato sen necesidade dunha nova licitación. Pasaron tres meses dende que a anterior adxudicataria (Construcciones Alea SL), que está en concurso de acredores, renunciase a asinar a acta de replanteo, o paso previo e imprescindible para poder iniciar os traballos de construción do CAM.

O acordo de cesión de contrato, solicitado conxuntamente o pasado día 21 de febreiro por Construcciones Alea SL (a empresa cedente) e Construcciones Castro Figueiró SLU (a cesionaria), é un instrumento previsto no artigo 214 da Lei de Contratos do Sector Público. Consiste nun negocio xurídico bilateral no que son parte o contratista e o terceiro (cesionario), sendo allea a administración, se ben debe autorizalo.

Na Xunta de Goberno deste venres, a Deputación aprobará a cesión de contrato e requirirá á nova adxudicataria que, nun prazo de 10 días hábiles dende a notificación do acordo, presente a escritura pública de formalización da cesión e o resgardo acreditativo da garantía definitiva. Unha vez entregados estes documentos e asinada acta de replanteo, os traballos poderán comezar, na segunda quincena do mes de abril.

O prazo de execución das obras, unha vez iniciadas, é de 12 meses. O Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón estará situado nunha parcela da Avenida de Outeiro, ao carón do centro de día do municipio. Será un edificio disposto en dous bloques compactos en forma de L en planta baixa, cun pequeno semisoto e unha superficie construída de 1.779 m2. Terá capacidade para un máximo de 38 prazas de residencia. 

Contará con catro áreas diferenciadas: a residencial; a de dirección e administración; a de servizos xerais; e a de atención especializada. Na área residencial atoparanse os dormitorios, as zonas de convivencia e espazos diáfanos. Na área de dirección e administración, que se atopará no recibidor de entrada, será onde estean os despachos e onde se reciban ás persoas de fóra do centro. Na área de servizos estará a cociña, o comedor, os corredores e o soportal exterior; e no semisoto localizarase a lavandería e os locais de mantemento e seguridade. A cuarta área será a de atención especializada, onde se integrará o despacho médico, a sala de curas, dúas habitacións de enfermaría, e un baño asistido. A área de rehabilitación situarase nun local independente próximo a zona de recepción.

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...