HomesociedadeCorte do tráfico no paso a nivel da rúa Escultor Francisco Moure...

Corte do tráfico no paso a nivel da rúa Escultor Francisco Moure de Monforte do 13 ao 22 de marzo

Segundo comunicaron os responsables de ADIF ó Concello, o corte producirase dende as 8 horas deste mércores, 13 de marzo, e ata as 8 horas do venres, 22 de marzo, con motivo das obras de mellora que o ADIF está a levar a cabo na vía férrea Monforte de Lemos-Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes traballos enmárcanse no proxecto de renovación de vía na liña 810 Monforte de Lemos-Ourense, e dado que a execución dos citados traballos require de varios días para efectualos, é necesario levar a cabo o citado corte total do tráfico no paso a nivel existente na rúa Escultor Francisco Moure.

Estas obras forman parte do investimento de 550 millóns de euros que o Goberno de España destinou para  modernizar a vía Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

Itinerario alternativo

O itinerario alternativo consecuencia do citado corte de tráfico será sinalizado a través de sinaléctica oficial a cargo da Policía Local e será o seguinte:

Os vehículos que transiten por Francisco Moure dende o centro, antes de chegar ó paso a nivel serán desviados á esquerda pola rúa Celso Emilio Ferreiro.

Aqueles vehículos que accedan provintes da LU-903 (estrada a Castro Caldelas), atoparán sinalizados dous desvíos alternativos. Un no propio cruce da LU-903 co final de Francisco Moure, que sinala como itinerario alternativo pola rúa Benito Vicetto. E outra sinalización de desvío alternativo á altura do Camiño da Chorima, que desviará o tráfico por este Camiño da Chorima cara a rotonda na N-120.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...