HomePolíticaO BNG de Quiroga conmemora o 8M coa zoqueira, Elena Ferro, este...

O BNG de Quiroga conmemora o 8M coa zoqueira, Elena Ferro, este 16 de marzo

A cita terá lugar o sábado, 16 de marzo, das 17 ás 18:30 h. no salón de actos da Casa da Cultura de Quiroga e está aberta a todas as persoas interesadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A prestixiosa zoqueira galega, Elena Ferro, visitará Quiroga para ofrecer unha charla na que destaque a súa traxectoria como muller emprendedora dándolle continuidade á marca familiar EFERRO e poñendo en valor o oficio tradicional dos zoqueiros.

Elena Ferro naceu en Merza, Vila de Cruces, en 1975. Herdou o  oficio do seu avó, que inaugurou o obradoiro en 1915. Aprendera o oficio en Pazos (Silleda), facendo zocos a medida e indo casa por casa pola zona. En 1936 puxo en marcha a casa da familia en Merza, onde despois abriu o obradoiro que aínda hoxe se mantén. Gañaba a vida vendendo polas feiras, así puido criar os seus catro fillos. Dous deles –Agripina e Alfonso–, tía e pai de Elena repectivamente, continuaron o negocio.

A finais dos anos 70 deixaron de empregarse os zocos na zona. Asociábanse ao traballo no campo e ao atraso polo que a maioría dos zoqueiros desapareceron. O obradoiro de Ferro sobreviviu cando comezou a compaxinar a fabricación dos zocos coa marroquinaría. Elena sempre estivo atraída polo traballo e de nena pasou moitas horas observando no obradoiro. Sendo xa unha moza comezou a facer pulseiras e por fin exerceu a súa profesión actual. Hoxe Elena traslada os seus zocos ás páxinas das revistas de moda sen perder a esencia.

A actividade, organizada polo BNG de Quiroga enmárcase no contexto do 8M querendo visibilizar o binomino muller/emprendemento ademais da aposta polo rural para establecerse e impulsar proxectos.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...