HomeMedio ambiente e PatrimonioOs autobuses lanzadeira do Consorcio de Turismo volven na Semana Santa

Os autobuses lanzadeira do Consorcio de Turismo volven na Semana Santa

Así o vén de anunciar o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra propoñendo para Semana Santa dous servizos dende Castro Caldelas e Monforte aos seus respectivos embarcadoiros: Abeleda e Ponte do Sil; e outros dous dende Parada de Sil e Nogueira de Ramuín aos mosteiros de Santa Cristina de Ribas de Sil e de Santo Estevo de Ribas de Sil. O servizo, que empezou a funcionar o pasado ano, enmárcase dentro do  Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o sábado 23 ao domingo 31 de marzo, estarán dispoñibles os servizos de autobús lanzadeira dende Castro Caldelas ao embarcadoiro de Abeleda e dende Monforte de Lemos ao embarcadoiro de Ponte do Sil.

O servizo será gratuíto para os visitantes, xa que forma parte do proxecto piloto deseñado no marco do  Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Tamén os concellos de Parada de Sil e de Nogueira de Ramuín poñerán a disposición os servizos de traslado aos mosteiros de Santa Cristina de Ribas de Sil e ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil respectivamente. 

Segundo informa tamén o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, “os horarios e a plataforma de reservas  estarán dispoñibles a partir do luns 18 de marzo”

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...